Política de privacidade da aplicación ELECON

Ao descargar e usar a aplicación móbil ELECON manifestas que liches e aceptas a Política de privacidade.


1. Responsable do tratamento dos datos das persoas usuarias de ELECON e encargado do tratamento.

O responsable do tratamento é a Consellería do Mar con dirección de contacto En Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.15781 Santiago de Compostela. CIF: S1511001H.

O Encargado do tratamento é a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do sistema e da aplicación a través da que se dará acceso ás persoas usuarias.

Contacto delegado de Protección de Datos:  https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos


2. Categorías de datos obxecto de tratamento

Para facilitar as distintas funcionalidades da Aplicación,no caso de que as persoas usuarias decidan rexistrarse na aplicación, trataranse datos extraídos do sistema de identificación Chave365, sistema de control de acceso empregado na aplicación.

Os datos persoais que se utilizarán no caso de que o usuario decida empregar a aplicación serán os seguintes:

  • Nome e apelidos, para confirmar a identidade.

  • DNI / NIE, para identificarse a través do sistema Chave365.

  • Preferencias de idioma, para poder utilizar a aplicación no idioma preferido.

  • Outros datos facilitados polo usuario nos modelos e formularios.

Más información en  https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades No caso de empregar a aplicación sen rexistrarse na mesma, as funcionalidades da aplicación quedan limitadas á consulta da predición meteorolóxica.


3. Orixe dos datos

  • Datos obtidos do sistema Chave365.

  • Datos obtidos do dispositivo móbil, en particular a ubicación do usuario no caso de expedición de documentos de transporte.

  • Datos introducidos polo usuario para o enchemento dos documentos telemáticos asociados á actividade sectorial.


4. Finalidades do tratamento de datos e funcionalidades da Aplicación

Os datos utilizados pola aplicación serven para controlar o acceso a mesma e a validación da categoría de socio nunha confraría de pescadores de Galicia.

En canto as funcionalidades ofertas na aplicación son as seguintes:

a) Consulta e xestión da información persoal do usuario. Permitindo solicitar correccións sobre a mesma.

b) Consulta das noticias relacionadas co proceso electoral en curso, que poden estar orientadas a algunha confraría en concreto ou ser de carácter xeral.

c) Recepción de avisos mediante notificación PUSH e a sua consulta con información relevante do proceso electoral.

d) Consulta da información do censo electoral da confraría a que pertence o usuario da aplicación.

e) Consulta da información dos candidatos da confraría e sector de produción ao que pertence o usuario da aplicación.


5. Lexitimación para o tratamento de datos persoais

A lexitimación para o tratamento dos datos persoais dos usuarios rexistrados baséase nunha misión en interese público fundamentada na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia. Trataranse os datos necesarios para o bo funcionamento da aplicación e a operatividade das súas funcionalidades. O uso da aplicación e o emprego de cada unha das súas diferentes funcionalidades basearase na voluntariedade dos usuarios, de forma que a persoa usuaria poderá activar e desactivar de forma específica o uso do sistema, así como decidir desinstalar a aplicación. Todo iso, sen que se derive consecuencia negativa algunha para quen non poida ou decida non descargar ou non usar a aplicación.


6. Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse durante o tempo necesario para dar soporte as necesidades de xestión do proceso electoral e consulta de resultados, así como a realización de estudos estatísticos de participación. Polo tanto o almacenamento considerase de xeito indefinido.


7. Categorías de destinatarios dos datos persoais

O responsable do tratamento, a Consellería do Mar, permitirá o acceso aos datos persoais á Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) na súa condición de encargado do tratamento. Adoptaranse en todo caso as medidas necesarias para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos e a protección dos dereitos das persoas interesadas, así como a subscrición dos compromisos de confidencialidade correspondentes.


8 Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais e como solicitalos

O responsable do tratamento garante e facilita en todo momento á cidadanía o exercicio dos dereitos recoñecidos en materia de protección de datos persoais, relacionados a continuación.

    • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.

    • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.

    • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.

    • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.

    • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.

    • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.

    • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.



As solicitudes pódense realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Ás persoas interesadas asístelles en todo momento o dereito para presentar unha reclamación fronte a Agencia Española de Protección de Datos – AEPD

Máis información en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos


9. Normativa básica aplicable

  • Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).

  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

  • Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS).

  • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.